Villar de los Mundos, viaxar sen saír dos Barrios

Lombillo, Salas e Villar de los Barrios son tres vilas de montaña que se atopan ao carón de Ponferrada.

Foron declaradas Ben de Interese Cultural no ano pasado, pois conservan moi ben a arquitectura e o xeito de vida tradicional do Bierzo.

Estas vilas organizan unha cita anual de artistas do mundo en agosto, é o Festival Villar de los Mundos.

703570_575101752547685_70240846_o993993_575101262547734_2015364488_n1278939_575101235881070_1283079371_o

Na primeira edición os veciños destas vilas puideron desfrutar de jazz vido de Chile, cinema internacional e obradoiros de gastronomía africana. As adegas dos pazos destas vilas foron os espazos onde se realizaron as actividades.

Para a segunda edición aproveitaranse as igrexas románicas dos arredores como salas para os concertos. Deste xeito, na Igrexa de San Martiño en Lombillos terá lugar o día 29 de agosto un concerto de música barroca no que o quinteto berciano Rococó Ensemble interpretará as partituras de Bach ou Vivaldi .

11009099_10152802912751109_8797320820608953610_n 10632790_755132401211285_7080685846414102180_n

O día seguinte o arxentino Darío Benítez (coñecido polo concurso de televisión La Voz, ofrecerá un concerto de góspel, soul e balada pop, na igrexa de Santa Columba (Villar).

10952465_882342315156959_6492650068788517532_n 10441054_753516474706211_8355986043349270339_n

O derradeiro día do festival, o cantautor maragato El Solito Trovador, ofrecerá coa súa concertina unha  viaxe musical pola música francesa, xamaicana e do continente africano.  O concerto celebrarase nunha das impresionantes adegas dun dos pazos de Villar de Los Barrios.

Anuncios

O mundo das orquestras na comarca do Bierzo

A música de pachanga e os ritmos latinos tamén teñen un oco na actividade musical berciana. A proximimade cultural con Galicia fai que moitas veces sexan os mesmos grupos os que actúan a ambos lados da raia. Nas festas das vilas é costume a actuación de orquestras como a GRAN PARADA de Lugo, ou a Orquestra Poceiro de Pontevedra, quen actuaron recentemente nas festas de Cuatrovientos.

id30portada fiestas-cuatrovientos-2015

Music Tour, o principal representante de orquestras na comarca, ás veces contrata orquestras bercianas como Garibaldi, e noutras ocasións grupos galegos como a Orquestra Pontevedra.

id770estado 14005_891945630864042_5174185028723205017_n festival-Jazz-Ponferrada-Hunger-Culture

Nos grandes eventos que teñen lugar na comarca tamén se dan cita as mellores orquestras galegas, como a Paris de Noia ou a Orquestra Panorama, que actuaron pechando o Mundial de Ciclismo de Ponferrada 2014.

http://www.infobierzo.com/la-orquesta-panorama-cierra-el-mundial-de-ponferrada-ante-varios-miles-de-personas/128270/

O Jazz chega a Ponferrada

A Asociación Cultural Vida en colaboración co concello de Ponferrada organiza o festival de Jazz  de Ponferrada, que xa  vai pola segunda edición. Celébrase cara ao final de ano, cando teñen lugar dous días de concertos no Centro Cultural Río Selmo.

26_ac_encuentro_gaitasDibujo

Nesta pasada edición actuaron Jerry González Trío, unha  banda dirixida polo trompetista e congueiro neoiorquino,
que está  considerado como unha das figuras chave do jazz latino.
O segundo día tocou Bobby Martínez Quartet, unha banda liderada polo músico nacido en Filadelfia (EEUU), Bobby Martínez.

Na edicion deste ano a atención centrouse no jazz latino con influencias portoriqueñas e cubanas. Porén no primeiro festival tamén actuaron músicos galegos como Marcos Pin e Xacobe Martinez Antelo.

festival-Jazz-Ponferrada-Hunger-Culture

O mundo da gaita segue soando no Bierzo

No Bierzo hai moitas escolas de gaitas, en Vilafranca, Carracedelo, Cacabelos, en Toral de los Vados e mais en Ponferrada.

A escola de gaitas de Vilafranca dende o primeiro momento da súa existencia traballa no mantemento de distintos costumes como os magostos, fogueiras tradicionais, volteo das campás e xogos populares,destacando especialmente o seu traballo na recuperacion da Festa do Maio .

52500_105638692842631_3016469_o20140432_014460406_324944604245371_995813436_o

Do seu traballo no terreo cultural destaca a organización das Xornadas da Cultura e Lingua Galegas no Bierzo.

En Toral de los Vados está a banda  Mencía, que organiza todos os anos un festival de gaitas.

DO... BIERZO Cartel mencia 07

Na vila de carracedelo tamén hai unha escola de gaiteiros, nela apréndense  as especialidais de gaita, baile tradicional, castañolas, pandeireta e canto tradicional.

Poden acudir rapaciños dende os 7 anos en adiante. É totalmente gratuito e hai préstamo de instrumentos.

26_ac_encuentro_gaitas

A escola de música de Cacabelos Sanchez Carralero dentro das suas formacións inclúe tamén unha banda de gaitas.

10155931_1528596507429081_6398171184742437242_n

Dous gaiteiros saídos da canteira berciana, pasaron recentemente  a profesionalizarse, ao completar os estudos de gaita no Conservatorio do Barco. Podes ler unha entrevista na que describen o mundo da gaita no Bierzo na seguinte ligazón.

http://www.laregion.es/articulo/valdeorras/bierzo-gran-interes-gaita-mas-demanda/20130627091758010759.html

Fiestizaje, músicas do mundo en Vilafranca

A asociación xuvenil bumtaka leva organizando dende hai 11 anos este festival onde se mesturan
o reggae e a percusión africana.

165877_3311897164854_650715212_n2705590620140719_015

Realízase na praia fluvial de Vilafranca no verán. Ao atoparse o espazo á beira do camiño de Santiago,
o público que acode aos concertos é de varias procedencias, mesmo acoden estranxeiros.

1011046_10200242783260852_278501886_n FESTIZAJE

Na edición deste ano, o grupo madrileño Bloco do Baliza abriu con o son dos seus batuques brasileiros o Fiestizaje.

Aira da pedra, un grupo que malla dende 1997

Aira da Pedra, é un grupo de rapaces que comezaron no mundo do folk no ano 97. A sua musica e unha fusion da musica berciana e o folk irlandes.

cab_logo_r2_mc2airadapedra

Neste espazo de tempo levan editados tres discos: Aira da pedra, Arantigua e Be Zeta. A súa música soou nos festivais de Lorient (Bretaña) e Ortigueira (Galiza).

61dFB+eim1L._SY300_Aira_da_Pedra

Este grupo debe o seu nome a unha aldea preto de Vilafranca do Bierzo, onde existía unha eira colectiva para mallar o trigo.   Os componetes do grupo din que se senten máis cómodos nos directos aínda que botan en falta locais para tocar na comarca.

Sala La vaca

É unha sala de concertos que abre nas fins de semana, na Gran Manzana, Ponferrada.

Dibujo3fbb2b15b1e87566244c18caaf3fb522

A música que poñen ali é distinta á que se pode escoitar noutros lugares. Os estilos musicais que soan no local van do rock, pasando pola musica indie, alternativa e máis hip hop. A parte de dar concertos tamen vain humoristas como Iñaqui Urrutia, JJ Vaquero …

1503215_1004006456285761_4873922736871573219_n1959517_997736623579411_9078856312971602738_n

Algún dos grupos que pasaron por alí foron Reincidentes, Javier Krahe , Barón Rojo, Kiko Veneno, Aerolíneas Federales, Medina Azahara, e ademais actuaron grupos galegos, Luar na Lubre, Quempallou e Xoel López

ep003194_1descarga

Luar na lubre