Archivo de la categoría: cantautor

Villar de los Mundos, viaxar sen saír dos Barrios

Lombillo, Salas e Villar de los Barrios son tres vilas de montaña que se atopan ao carón de Ponferrada.

Foron declaradas Ben de Interese Cultural no ano pasado, pois conservan moi ben a arquitectura e o xeito de vida tradicional do Bierzo.

Estas vilas organizan unha cita anual de artistas do mundo en agosto, é o Festival Villar de los Mundos.

703570_575101752547685_70240846_o993993_575101262547734_2015364488_n1278939_575101235881070_1283079371_o

Na primeira edición os veciños destas vilas puideron desfrutar de jazz vido de Chile, cinema internacional e obradoiros de gastronomía africana. As adegas dos pazos destas vilas foron os espazos onde se realizaron as actividades.

Para a segunda edición aproveitaranse as igrexas románicas dos arredores como salas para os concertos. Deste xeito, na Igrexa de San Martiño en Lombillos terá lugar o día 29 de agosto un concerto de música barroca no que o quinteto berciano Rococó Ensemble interpretará as partituras de Bach ou Vivaldi .

11009099_10152802912751109_8797320820608953610_n 10632790_755132401211285_7080685846414102180_n

O día seguinte o arxentino Darío Benítez (coñecido polo concurso de televisión La Voz, ofrecerá un concerto de góspel, soul e balada pop, na igrexa de Santa Columba (Villar).

10952465_882342315156959_6492650068788517532_n 10441054_753516474706211_8355986043349270339_n

O derradeiro día do festival, o cantautor maragato El Solito Trovador, ofrecerá coa súa concertina unha  viaxe musical pola música francesa, xamaicana e do continente africano.  O concerto celebrarase nunha das impresionantes adegas dun dos pazos de Villar de Los Barrios.

Anuncios

Aínda: Música e poesía dende Ponferrada

Aínda é un cantautor de Ponferrada e canta en varios idiomas como o castelán, portugués e mais galego. Fai grupo con algúns integrantes doutras bandas como por exemplo Aira da pedra e Antubel. ainda4Q

Algunhas das súas cancións son poemas escritos en galego por autores arxentinos, andaluces ou cataláns. Ademáis ten un libro con poemas escrito en galego, dos cales algúns están no seu disco Pájaros en la cabeza

. Pjaros+En+La+Cabeza+Foto+de+portada+3

Este disco trata de temas sociáis que afectan a comarca do Bierzo. Nalgunha ocasión Ainda tocou con Joao Afonso y Uxia.

cd-elmundo cd-cantigas-de-mayo-ainda cd-algunas-canciones-de-arcilla cd-tal-para-cual BnlJFrOIAAIKK1P

Pobre rico é unha canción incluída no seu último disco.