Archivo de la categoría: Festivais

Villar de los Mundos, viaxar sen saír dos Barrios

Lombillo, Salas e Villar de los Barrios son tres vilas de montaña que se atopan ao carón de Ponferrada.

Foron declaradas Ben de Interese Cultural no ano pasado, pois conservan moi ben a arquitectura e o xeito de vida tradicional do Bierzo.

Estas vilas organizan unha cita anual de artistas do mundo en agosto, é o Festival Villar de los Mundos.

703570_575101752547685_70240846_o993993_575101262547734_2015364488_n1278939_575101235881070_1283079371_o

Na primeira edición os veciños destas vilas puideron desfrutar de jazz vido de Chile, cinema internacional e obradoiros de gastronomía africana. As adegas dos pazos destas vilas foron os espazos onde se realizaron as actividades.

Para a segunda edición aproveitaranse as igrexas románicas dos arredores como salas para os concertos. Deste xeito, na Igrexa de San Martiño en Lombillos terá lugar o día 29 de agosto un concerto de música barroca no que o quinteto berciano Rococó Ensemble interpretará as partituras de Bach ou Vivaldi .

11009099_10152802912751109_8797320820608953610_n 10632790_755132401211285_7080685846414102180_n

O día seguinte o arxentino Darío Benítez (coñecido polo concurso de televisión La Voz, ofrecerá un concerto de góspel, soul e balada pop, na igrexa de Santa Columba (Villar).

10952465_882342315156959_6492650068788517532_n 10441054_753516474706211_8355986043349270339_n

O derradeiro día do festival, o cantautor maragato El Solito Trovador, ofrecerá coa súa concertina unha  viaxe musical pola música francesa, xamaicana e do continente africano.  O concerto celebrarase nunha das impresionantes adegas dun dos pazos de Villar de Los Barrios.

Anuncios

O Jazz chega a Ponferrada

A Asociación Cultural Vida en colaboración co concello de Ponferrada organiza o festival de Jazz  de Ponferrada, que xa  vai pola segunda edición. Celébrase cara ao final de ano, cando teñen lugar dous días de concertos no Centro Cultural Río Selmo.

26_ac_encuentro_gaitasDibujo

Nesta pasada edición actuaron Jerry González Trío, unha  banda dirixida polo trompetista e congueiro neoiorquino,
que está  considerado como unha das figuras chave do jazz latino.
O segundo día tocou Bobby Martínez Quartet, unha banda liderada polo músico nacido en Filadelfia (EEUU), Bobby Martínez.

Na edicion deste ano a atención centrouse no jazz latino con influencias portoriqueñas e cubanas. Porén no primeiro festival tamén actuaron músicos galegos como Marcos Pin e Xacobe Martinez Antelo.

festival-Jazz-Ponferrada-Hunger-Culture

Fiestizaje, músicas do mundo en Vilafranca

A asociación xuvenil bumtaka leva organizando dende hai 11 anos este festival onde se mesturan
o reggae e a percusión africana.

165877_3311897164854_650715212_n2705590620140719_015

Realízase na praia fluvial de Vilafranca no verán. Ao atoparse o espazo á beira do camiño de Santiago,
o público que acode aos concertos é de varias procedencias, mesmo acoden estranxeiros.

1011046_10200242783260852_278501886_n FESTIZAJE

Na edición deste ano, o grupo madrileño Bloco do Baliza abriu con o son dos seus batuques brasileiros o Fiestizaje.