Lombillo, Salas e Villar de los Barrios son tres vilas de montaña que se atopan ao carón de Ponferrada.
Foron declaradas Ben de Interese Cultural no ano pasado, pois conservan moi ben a arquitectura e o xeito de vida tradicional do Bierzo.
Estas vilas organizan unha cita anual de artistas do mundo en agosto, é o Festival Villar de los Mundos.
Na primeira edición os veciños destas vilas puideron desfrutar de jazz vido de Chile, cinema internacional e obradoiros de gastronomía africana. As adegas dos pazos destas vilas foron os espazos onde se realizaron as actividades.
Para a segunda edición aproveitaranse as igrexas románicas dos arredores como salas para os concertos. Deste xeito, na Igrexa de San Martiño en Lombillos terá lugar o día 29 de agosto un concerto de música barroca no que o quinteto berciano Rococó Ensemble interpretará as partituras de Bach ou Vivaldi .
O día seguinte o arxentino Darío Benítez (coñecido polo concurso de televisión La Voz, ofrecerá un concerto de góspel, soul e balada pop, na igrexa de Santa Columba (Villar).
O derradeiro día do festival, o cantautor maragato El Solito Trovador, ofrecerá coa súa concertina unha viaxe musical pola música francesa, xamaicana e do continente africano. O concerto celebrarase nunha das impresionantes adegas dun dos pazos de Villar de Los Barrios.