Archivo de la etiqueta: concertos

Villar de los Mundos, viaxar sen saír dos Barrios

Lombillo, Salas e Villar de los Barrios son tres vilas de montaña que se atopan ao carón de Ponferrada.

Foron declaradas Ben de Interese Cultural no ano pasado, pois conservan moi ben a arquitectura e o xeito de vida tradicional do Bierzo.

Estas vilas organizan unha cita anual de artistas do mundo en agosto, é o Festival Villar de los Mundos.

703570_575101752547685_70240846_o993993_575101262547734_2015364488_n1278939_575101235881070_1283079371_o

Na primeira edición os veciños destas vilas puideron desfrutar de jazz vido de Chile, cinema internacional e obradoiros de gastronomía africana. As adegas dos pazos destas vilas foron os espazos onde se realizaron as actividades.

Para a segunda edición aproveitaranse as igrexas románicas dos arredores como salas para os concertos. Deste xeito, na Igrexa de San Martiño en Lombillos terá lugar o día 29 de agosto un concerto de música barroca no que o quinteto berciano Rococó Ensemble interpretará as partituras de Bach ou Vivaldi .

11009099_10152802912751109_8797320820608953610_n 10632790_755132401211285_7080685846414102180_n

O día seguinte o arxentino Darío Benítez (coñecido polo concurso de televisión La Voz, ofrecerá un concerto de góspel, soul e balada pop, na igrexa de Santa Columba (Villar).

10952465_882342315156959_6492650068788517532_n 10441054_753516474706211_8355986043349270339_n

O derradeiro día do festival, o cantautor maragato El Solito Trovador, ofrecerá coa súa concertina unha  viaxe musical pola música francesa, xamaicana e do continente africano.  O concerto celebrarase nunha das impresionantes adegas dun dos pazos de Villar de Los Barrios.

Anuncios

O Jazz chega a Ponferrada

A Asociación Cultural Vida en colaboración co concello de Ponferrada organiza o festival de Jazz  de Ponferrada, que xa  vai pola segunda edición. Celébrase cara ao final de ano, cando teñen lugar dous días de concertos no Centro Cultural Río Selmo.

26_ac_encuentro_gaitasDibujo

Nesta pasada edición actuaron Jerry González Trío, unha  banda dirixida polo trompetista e congueiro neoiorquino,
que está  considerado como unha das figuras chave do jazz latino.
O segundo día tocou Bobby Martínez Quartet, unha banda liderada polo músico nacido en Filadelfia (EEUU), Bobby Martínez.

Na edicion deste ano a atención centrouse no jazz latino con influencias portoriqueñas e cubanas. Porén no primeiro festival tamén actuaron músicos galegos como Marcos Pin e Xacobe Martinez Antelo.

festival-Jazz-Ponferrada-Hunger-Culture

Aira da pedra, un grupo que malla dende 1997

Aira da Pedra, é un grupo de rapaces que comezaron no mundo do folk no ano 97. A sua musica e unha fusion da musica berciana e o folk irlandes.

cab_logo_r2_mc2airadapedra

Neste espazo de tempo levan editados tres discos: Aira da pedra, Arantigua e Be Zeta. A súa música soou nos festivais de Lorient (Bretaña) e Ortigueira (Galiza).

61dFB+eim1L._SY300_Aira_da_Pedra

Este grupo debe o seu nome a unha aldea preto de Vilafranca do Bierzo, onde existía unha eira colectiva para mallar o trigo.   Os componetes do grupo din que se senten máis cómodos nos directos aínda que botan en falta locais para tocar na comarca.

Sala La vaca

É unha sala de concertos que abre nas fins de semana, na Gran Manzana, Ponferrada.

Dibujo3fbb2b15b1e87566244c18caaf3fb522

A música que poñen ali é distinta á que se pode escoitar noutros lugares. Os estilos musicais que soan no local van do rock, pasando pola musica indie, alternativa e máis hip hop. A parte de dar concertos tamen vain humoristas como Iñaqui Urrutia, JJ Vaquero …

1503215_1004006456285761_4873922736871573219_n1959517_997736623579411_9078856312971602738_n

Algún dos grupos que pasaron por alí foron Reincidentes, Javier Krahe , Barón Rojo, Kiko Veneno, Aerolíneas Federales, Medina Azahara, e ademais actuaron grupos galegos, Luar na Lubre, Quempallou e Xoel López

ep003194_1descarga

Luar na lubre

Os sábados concerto na Moncloa de San Lázaro

images

No local de Cacabelos comeza un ano máis a sua programación musical. As noites dos sábados dos meses de outubro ata xaneiro visitarán o establecemento varios grupos de versións da comarca do Bierzo.

Cartel-Jazz-2015

O dia 18 LA VELVET  fará soar de novo os clásicos do pop, e no día 25 THE COVERS BEAT LED BAND versionarán as  cancións eternas dos BEATLES.

1505472_571132956325116_7014876507814762508_n861310_10200133658056922_388498236_oe