Archivo de la etiqueta: folck

Aira da pedra, un grupo que malla dende 1997

Aira da Pedra, é un grupo de rapaces que comezaron no mundo do folk no ano 97. A sua musica e unha fusion da musica berciana e o folk irlandes.

cab_logo_r2_mc2airadapedra

Neste espazo de tempo levan editados tres discos: Aira da pedra, Arantigua e Be Zeta. A súa música soou nos festivais de Lorient (Bretaña) e Ortigueira (Galiza).

61dFB+eim1L._SY300_Aira_da_Pedra

Este grupo debe o seu nome a unha aldea preto de Vilafranca do Bierzo, onde existía unha eira colectiva para mallar o trigo.   Os componetes do grupo din que se senten máis cómodos nos directos aínda que botan en falta locais para tocar na comarca.

Rapabestas, sons folk dende Toral de Merayo

O grupo Rapabestas comeza o seu camiño musical no ano 1999. A banda, composta por 6 mozos de Toral de Merayo, colle o seu nome dunha festa popular relacionada coa cría de gando nos montes galegos.

997H3

A súa primeira actuación importante foi  no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira (Galicia). O seu estilo  folk levounos a facer algunha colaboracións con Kepa Junkera. Este concerto gravouse para editar o DVD en directo “Rapabestas en Concierto”.

en concierto   1622148_738582619494570_206381340_n

O seu terceiro disco “Format R:” caracterízase pola fusión de estilos e inclúe unha versión do himno da S.D.Ponferradina. A canción deste CD “Meigas de Agadán” foi escolida como tema do Mundial de Ciclismo de 2014.

descarga (1)10329190_853027181383446_3770570122094075499_n

 

A seguir deixamos un video da canción en galego Soños de Contrabando, composta en colaboración co cantautor Ainda