Archivo de la etiqueta: O Bierzo

O mundo das orquestras na comarca do Bierzo

A música de pachanga e os ritmos latinos tamén teñen un oco na actividade musical berciana. A proximimade cultural con Galicia fai que moitas veces sexan os mesmos grupos os que actúan a ambos lados da raia. Nas festas das vilas é costume a actuación de orquestras como a GRAN PARADA de Lugo, ou a Orquestra Poceiro de Pontevedra, quen actuaron recentemente nas festas de Cuatrovientos.

id30portada fiestas-cuatrovientos-2015

Music Tour, o principal representante de orquestras na comarca, ás veces contrata orquestras bercianas como Garibaldi, e noutras ocasións grupos galegos como a Orquestra Pontevedra.

id770estado 14005_891945630864042_5174185028723205017_n festival-Jazz-Ponferrada-Hunger-Culture

Nos grandes eventos que teñen lugar na comarca tamén se dan cita as mellores orquestras galegas, como a Paris de Noia ou a Orquestra Panorama, que actuaron pechando o Mundial de Ciclismo de Ponferrada 2014.

http://www.infobierzo.com/la-orquesta-panorama-cierra-el-mundial-de-ponferrada-ante-varios-miles-de-personas/128270/

Anuncios

A Sala Tararí cumpre 25 anos

O local de concertos de Ponferrada hai 25 anos que abriu as súas portas. Pola sala da zona vella de  Ponferrada pasaron musicos como Antonio Vega, M Clan e Javier Krahe

fichero_115332_20141012   1781223_10202569660595463_1854264332_o

Na sala Tararí tamén hai oco para grupos bercianos como os Rapabestas, de Toral de Merayo

Se queres consultar a programación musical deste local, que tamén conta con banda propia, preme na seguinte ligazón:  www.salatarari.com