Archivo de la etiqueta: Rapabestas

Rapabestas, sons folk dende Toral de Merayo

O grupo Rapabestas comeza o seu camiño musical no ano 1999. A banda, composta por 6 mozos de Toral de Merayo, colle o seu nome dunha festa popular relacionada coa cría de gando nos montes galegos.

997H3

A súa primeira actuación importante foi  no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira (Galicia). O seu estilo  folk levounos a facer algunha colaboracións con Kepa Junkera. Este concerto gravouse para editar o DVD en directo “Rapabestas en Concierto”.

en concierto   1622148_738582619494570_206381340_n

O seu terceiro disco “Format R:” caracterízase pola fusión de estilos e inclúe unha versión do himno da S.D.Ponferradina. A canción deste CD “Meigas de Agadán” foi escolida como tema do Mundial de Ciclismo de 2014.

descarga (1)10329190_853027181383446_3770570122094075499_n

 

A seguir deixamos un video da canción en galego Soños de Contrabando, composta en colaboración co cantautor Ainda

 

A Sala Tararí cumpre 25 anos

O local de concertos de Ponferrada hai 25 anos que abriu as súas portas. Pola sala da zona vella de  Ponferrada pasaron musicos como Antonio Vega, M Clan e Javier Krahe

fichero_115332_20141012   1781223_10202569660595463_1854264332_o

Na sala Tararí tamén hai oco para grupos bercianos como os Rapabestas, de Toral de Merayo

Se queres consultar a programación musical deste local, que tamén conta con banda propia, preme na seguinte ligazón:  www.salatarari.com