O grupo Rapabestas comeza o seu camiño musical no ano 1999. A banda, composta por 6 mozos de Toral de Merayo, colle o seu nome dunha festa popular relacionada coa cría de gando nos montes galegos.
A súa primeira actuación importante foi no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira (Galicia). O seu estilo folk levounos a facer algunha colaboracións con Kepa Junkera. Este concerto gravouse para editar o DVD en directo “Rapabestas en Concierto”.
O seu terceiro disco “Format R:” caracterízase pola fusión de estilos e inclúe unha versión do himno da S.D.Ponferradina. A canción deste CD “Meigas de Agadán” foi escolida como tema do Mundial de Ciclismo de 2014.
A seguir deixamos un video da canción en galego Soños de Contrabando, composta en colaboración co cantautor Ainda